15 nov 2020

Día Internacional dos Dereitos do Neno

No ano 1954 a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recomendou a todos os países que instauraran o Día Universal do Neno, deixando en mans de cada goberno a elección da data. O obxectivo desta xornada dedicaríase á fraternidade e á comprensión entre os nenos do mundo e ao fomento de actividades para promover o benestar da infancia.

A conmemoración universalizouse o 20 de novembro porque foi a data na que a Asemblea aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno, en 1959. O documento consta de dez principios a través dos cales se concretan para os nenos os dereitos contemplados na Declaración Universal de Dereitos Humanos.

A partir de 1979, con motivo do Ano Internacional do Neno, comezouse a discutir unha nova declaración de dereitos do neno, fundada en novos principios. Finalmente en 1989, tamén un 20 de novembro, asinouse na ONU a Convención sobre os Dereitos do Neno.

Máis información:

 

13 ene 2020

1º Concurso Escolar "Son os teus dereitos"

http://agamme.org/
A Asaciación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAME) convocou o 1º Concurso Escolar "Son os teus dereitos", para a elaboración dun calendario.
Nenas e nenos do colexio participaron no mesmo e as seguintes alumnas foron seleccionadas no calendario:
  • Julia Otero de 3º
  • Sara Asmerón de 5º
  • Helena Goás de 5º
  • Aurora Rguez. de 5º
 NORABOA POLO SEU TRABALLO!!!



20 nov 2019

Presentación dos Dereitos da Infancia

O alumnado de 1º curso, xunto coa súa titora Rita e a mestra Lucía, prepararon unha presentación sobre os Dereitos da Infancia:
  • Elaboraron un gran mural e outros máis pequenos con debuxos e pictogramas onde se recollían algúns dos dereitos traballados na clase.
  • A presentación tivo lugar na Biblioteca do colexio para todo o alumnado de Infantil e 2º curso.
  • No seguinte vídeo recollemos un pequeno resumo.




19 nov 2018

Traballamos os Dereitos da Infancia

O martes, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, por iso nas aulas as nenas e nenos farán diferentes actividades para lembrar esta data. Poderán consultar os libros e traballos que están expostos no recuncho do corredor e que nos falan dos mesmos.

Durante a semana, na Hora de Ler, o alumnado de Valores de 6º curso fará un Apadriñamento Lector aos diferentes cursos de Infantil e Primaria. Lerán "O lapis máxico de Malala", con el poderán reflexionar sobre os Dereitos dos Nenos e das Nenas.
Tamén poderemos visualizar o vídeo que preparamos sobre este mesmo libro.

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA


https://www.unicef.es/causas/derechos-ninos/dia-internacional-ninoO Día Universal da Infancia, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.  

UNICEF traballa todo o ano para conseguir cambios reais na vida dos nenos e as nenas, e o Día Universal do Neno é un momento clave para sumarnos a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos máis vulnerables.  MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ

24 nov 2017

Apadriñamentos Lectores


Durante esta semana da celebración dos Dereitos da Infancia, os alumnos de 6º curso, Diana, Luis, Álvaro e Antón, fixeron lecturas da colección de Contos do Dereito e do Revés.



22 nov 2017

Día dos Dereitos da Infancia

O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

No colexio preparamos un vídeo especial cunha canción que cantan os nenos e nenas de 3º curso e as imaxes realizadas con debuxos do alumnado de Infantil.

Tamén podemos atopar moita máis información nesta páxina da BIBLIOSOÑOS
https://sites.google.com/site/traballardereitosnenos/

Exposición de libros sobre os Dereitos da Infancia



8 nov 2017

Dereitos fundamentais das nenos e nenos

En 1990 entrou en vigor a Convención sobre os Dereitos do Neno que non é outra cousa que un tratado que recolle todos os dereitos da infancia. A partir dese momento, achegouse unha nova visión sobre os nenos como suxeitos que tamén tiñan os seus dereitos que respectar e cumprir.

Polo feito de ser nenos, non se teñen menos dereitos que os adultos, a pesar que eles mesmos non saiban ou poidan defenderse, existen uns dereitos na infancia baseados nos principios da non discriminación, o interese do neno, o dereito á vida e a participación sobre situacións que lles afecten.

VÍDEOS MOI INTERESANTES

https://www.savethechildren.es/trabajo-ong/derechos-de-la-infancia

2 nov 2017

Recompilación de vídeos do colexio sobre os DEREITOS DA INFANCIA

Para ver mellor esta presentación tedes que agrandar o Genially na parte baixa do lado dereito, despois pasades o rato nos discos que clicades para ver e escoitar os vídeos.

17 nov 2016

Exposición de libros

No rincón das exposicións podemos atopar libros sobre os Derietos da Infancia que vos axudarán a coñecer e saber moito máis sobre os vosos dereitos.



16 nov 2016

Primeiros traballos deste curso

 O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal dos Dereitos da Infancia.
No noso centro o alumnado e profesorado, seguindo a programación recollida no proxecto da Biblioteca e no EDLG (Equipo de dinamización da Lingua Galega), traballamos sobre este tema durante esta quincena.
Como primeiros traballos presentamos dous vídeos:
  • De Infantil: Derecho a Jugar
  • De 1º curso: Mural dos Dereitos da Infancia   
  • Apadriñamento lector de 2º curso para toda a primaria: A nena sen nome de Marina Chapman.



20 nov 2015

DEREITOS DA INFANCIA 2015

O 20 de novembro celébrase o Día dos Dereitos dos Nenos e das Nenas.
No colexio, durante toda a semana estamos levando a cabo moitas e diversas actividades:
  • O martes, para o nenos e nenas de infantil, o bisavó dunha alumna veu a falar sobre as abellas e os traballos do apicultor. "Unha charla moi interesante"
  • Tamén o martes, para todos os nenos e nenas de primaria, a Banda de Música impartiu un mini concerto didáctico. "A túa Banda vai ao cole"
  • O mércores, para infantil e 1º e 2º curso, o grupo de Música Tradicional "Non cho digo" ensinoulles moitas cousas sobre a Música, Baile e Vestimenta Tradicional Galega. "Unha clase moi especial coa música tradicional"
  • O venres, os nenos e nenas de 5º curso farán unha pequena dramatización sobre a obra de Anisia Miranda, Que lle pasou a coelliño?. Esta actividade esta enmarcada dentro dos Apadriñamentos Lectores e que levamos a cabo un venres ao mes.

  • Tamén fixemos unha pequena exposición con libros e traballos relacionados coa celebración dos Dereitos dos Nenos e Nenas.

20 nov 2014

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Hoxe foi un día moi especial pois na BIBLIOSOÑOS celebramos o 

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Fixemos varias actividades nas que participaron os alumnos e alumnas de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria, en varias sesións ao longo da mañá.
  • Presentación dos DEREITOS  e DEBERES, a cargo dos alumnos e alumnas de 6º de Infantil.
  • Presentación do Vídeo especial: TODO NATURAL.
  • Cantamos e bailamos.
No seguinte vídeo podemos ver o resumo destas actividades

17 nov 2014

Exposición de libros e traballos

Para traballar durante esta semana a conmemoración ou celebración do Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas, no rincón das exposicións da Bibliosoños, temos unha seleción de libros e traballos que podemos consultar.
No seguinte vídeo podemos ver a mesma:

13 nov 2014

Libro dos dereitos e deberes

Os alumnos e alumnas de 6º de Infantil, xunto coa súa profesora Ana, prepararon un libriño onde nos amosan os dereitos e deberes principais que teñen todos os nenos e nenas do mundo.

6 nov 2014

Mes de novembro, mes dos dereitos da infancia.

Os Dereitos do Neno (ou Dereitos da Infancia) son dereitos que posúen os nenos, nenas e adolescentes polo simple feito de nacer. Son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia. A primeira declaración de dereitos do neno foi a Declaración dos Dereitos do Neno de 1924, redactada por Eglantyne Jebb fundadora da organización internacional Save the Children , que foi aprobada pola Sociedade de Nacións o 26 de decembro de 1924. No Proxento Integrado de Dinamización, este curso estamos a traballar A ALIMENTACIÓN por iso propoñemos facer unha reflexión escoitando e vendo o seguinte vídeo de

Canteca de Macao: Los niños del hambre no tienen mañana  

20 nov 2013

Hoxe celebramos os Dereitos da Infancia

Na Bibliosoños estamos de celebración pois hoxe é 20 de novembro, Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas.
Preparamos unhas actividades especiais para os alumnos e alumnas de Infantil e tamén para o 1º ciclo de Primaria, nas que repasamos os  Dereitos e tamén falamos dos nosos Deberes.
Aprendimos moito! e para rematar a sesión cantamos todos xuntos a Canción dos Dereitos.
 

19 nov 2013

Especial "O Antigo Exipto"

Como este curso estamos a traballar sobre "O Antigo Exipto" fixemos unha páxina especial sobre como eran os nenos e nenas, a que xogaban, que estudaban, como se alimentaban...
Clica na imaxe para ter máis información

https://sites.google.com/site/proxecto20132014/especial-dereitos-dos-nenos