No ano 1954 a
Asemblea Xeral de Nacións Unidas recomendou a todos os países que
instauraran o Día Universal do Neno, deixando en mans de cada goberno a
elección da data. O obxectivo desta xornada dedicaríase á fraternidade e
á comprensión entre os nenos do mundo e ao fomento de actividades para
promover o benestar da infancia.
A conmemoración universalizouse o 20 de novembro porque foi a data na que a Asemblea aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno, en 1959. O documento consta de dez principios a través dos cales se concretan para os nenos os dereitos contemplados na Declaración Universal de Dereitos Humanos.
A
partir de 1979, con motivo do Ano Internacional do Neno, comezouse a
discutir unha nova declaración de dereitos do neno, fundada en novos
principios. Finalmente en 1989, tamén un 20 de novembro, asinouse na ONU
a Convención sobre os Dereitos do Neno.