19 nov 2021

DEREITOS DA INFANCIA 2021

 O 20 de novembro, é O Día Universal do Neno.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo, é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos e para dar a coñecer os dereitos da infancia co fin de concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Presentamos a continuación, un resume explicado para todos os nenos/as,  de cales son os seus dereitos e os seus deberes.




15 nov 2020

Día Internacional dos Dereitos do Neno

No ano 1954 a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recomendou a todos os países que instauraran o Día Universal do Neno, deixando en mans de cada goberno a elección da data. O obxectivo desta xornada dedicaríase á fraternidade e á comprensión entre os nenos do mundo e ao fomento de actividades para promover o benestar da infancia.

A conmemoración universalizouse o 20 de novembro porque foi a data na que a Asemblea aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno, en 1959. O documento consta de dez principios a través dos cales se concretan para os nenos os dereitos contemplados na Declaración Universal de Dereitos Humanos.

A partir de 1979, con motivo do Ano Internacional do Neno, comezouse a discutir unha nova declaración de dereitos do neno, fundada en novos principios. Finalmente en 1989, tamén un 20 de novembro, asinouse na ONU a Convención sobre os Dereitos do Neno.

Máis información:

 

13 ene 2020

1º Concurso Escolar "Son os teus dereitos"

http://agamme.org/
A Asaciación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAME) convocou o 1º Concurso Escolar "Son os teus dereitos", para a elaboración dun calendario.
Nenas e nenos do colexio participaron no mesmo e as seguintes alumnas foron seleccionadas no calendario:
  • Julia Otero de 3º
  • Sara Asmerón de 5º
  • Helena Goás de 5º
  • Aurora Rguez. de 5º
 NORABOA POLO SEU TRABALLO!!!



20 nov 2019

Presentación dos Dereitos da Infancia

O alumnado de 1º curso, xunto coa súa titora Rita e a mestra Lucía, prepararon unha presentación sobre os Dereitos da Infancia:
  • Elaboraron un gran mural e outros máis pequenos con debuxos e pictogramas onde se recollían algúns dos dereitos traballados na clase.
  • A presentación tivo lugar na Biblioteca do colexio para todo o alumnado de Infantil e 2º curso.
  • No seguinte vídeo recollemos un pequeno resumo.




19 nov 2018

Traballamos os Dereitos da Infancia

O martes, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, por iso nas aulas as nenas e nenos farán diferentes actividades para lembrar esta data. Poderán consultar os libros e traballos que están expostos no recuncho do corredor e que nos falan dos mesmos.

Durante a semana, na Hora de Ler, o alumnado de Valores de 6º curso fará un Apadriñamento Lector aos diferentes cursos de Infantil e Primaria. Lerán "O lapis máxico de Malala", con el poderán reflexionar sobre os Dereitos dos Nenos e das Nenas.
Tamén poderemos visualizar o vídeo que preparamos sobre este mesmo libro.

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA


https://www.unicef.es/causas/derechos-ninos/dia-internacional-ninoO Día Universal da Infancia, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.  

UNICEF traballa todo o ano para conseguir cambios reais na vida dos nenos e as nenas, e o Día Universal do Neno é un momento clave para sumarnos a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos máis vulnerables.  MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ

24 nov 2017

Apadriñamentos Lectores


Durante esta semana da celebración dos Dereitos da Infancia, os alumnos de 6º curso, Diana, Luis, Álvaro e Antón, fixeron lecturas da colección de Contos do Dereito e do Revés.