15 nov 2020

Día Internacional dos Dereitos do Neno

No ano 1954 a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recomendou a todos os países que instauraran o Día Universal do Neno, deixando en mans de cada goberno a elección da data. O obxectivo desta xornada dedicaríase á fraternidade e á comprensión entre os nenos do mundo e ao fomento de actividades para promover o benestar da infancia.

A conmemoración universalizouse o 20 de novembro porque foi a data na que a Asemblea aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno, en 1959. O documento consta de dez principios a través dos cales se concretan para os nenos os dereitos contemplados na Declaración Universal de Dereitos Humanos.

A partir de 1979, con motivo do Ano Internacional do Neno, comezouse a discutir unha nova declaración de dereitos do neno, fundada en novos principios. Finalmente en 1989, tamén un 20 de novembro, asinouse na ONU a Convención sobre os Dereitos do Neno.

Máis información: