20 nov 2015

DEREITOS DA INFANCIA 2015

O 20 de novembro celébrase o Día dos Dereitos dos Nenos e das Nenas.
No colexio, durante toda a semana estamos levando a cabo moitas e diversas actividades:
  • O martes, para o nenos e nenas de infantil, o bisavó dunha alumna veu a falar sobre as abellas e os traballos do apicultor. "Unha charla moi interesante"
  • Tamén o martes, para todos os nenos e nenas de primaria, a Banda de Música impartiu un mini concerto didáctico. "A túa Banda vai ao cole"
  • O mércores, para infantil e 1º e 2º curso, o grupo de Música Tradicional "Non cho digo" ensinoulles moitas cousas sobre a Música, Baile e Vestimenta Tradicional Galega. "Unha clase moi especial coa música tradicional"
  • O venres, os nenos e nenas de 5º curso farán unha pequena dramatización sobre a obra de Anisia Miranda, Que lle pasou a coelliño?. Esta actividade esta enmarcada dentro dos Apadriñamentos Lectores e que levamos a cabo un venres ao mes.

  • Tamén fixemos unha pequena exposición con libros e traballos relacionados coa celebración dos Dereitos dos Nenos e Nenas.

20 nov 2014

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Hoxe foi un día moi especial pois na BIBLIOSOÑOS celebramos o 

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Fixemos varias actividades nas que participaron os alumnos e alumnas de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria, en varias sesións ao longo da mañá.
  • Presentación dos DEREITOS  e DEBERES, a cargo dos alumnos e alumnas de 6º de Infantil.
  • Presentación do Vídeo especial: TODO NATURAL.
  • Cantamos e bailamos.
No seguinte vídeo podemos ver o resumo destas actividades

17 nov 2014

Exposición de libros e traballos

Para traballar durante esta semana a conmemoración ou celebración do Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas, no rincón das exposicións da Bibliosoños, temos unha seleción de libros e traballos que podemos consultar.
No seguinte vídeo podemos ver a mesma:

13 nov 2014

Libro dos dereitos e deberes

Os alumnos e alumnas de 6º de Infantil, xunto coa súa profesora Ana, prepararon un libriño onde nos amosan os dereitos e deberes principais que teñen todos os nenos e nenas do mundo.

6 nov 2014

Mes de novembro, mes dos dereitos da infancia.

Os Dereitos do Neno (ou Dereitos da Infancia) son dereitos que posúen os nenos, nenas e adolescentes polo simple feito de nacer. Son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia. A primeira declaración de dereitos do neno foi a Declaración dos Dereitos do Neno de 1924, redactada por Eglantyne Jebb fundadora da organización internacional Save the Children , que foi aprobada pola Sociedade de Nacións o 26 de decembro de 1924. No Proxento Integrado de Dinamización, este curso estamos a traballar A ALIMENTACIÓN por iso propoñemos facer unha reflexión escoitando e vendo o seguinte vídeo de

Canteca de Macao: Los niños del hambre no tienen mañana  

20 nov 2013

Hoxe celebramos os Dereitos da Infancia

Na Bibliosoños estamos de celebración pois hoxe é 20 de novembro, Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas.
Preparamos unhas actividades especiais para os alumnos e alumnas de Infantil e tamén para o 1º ciclo de Primaria, nas que repasamos os  Dereitos e tamén falamos dos nosos Deberes.
Aprendimos moito! e para rematar a sesión cantamos todos xuntos a Canción dos Dereitos.
 

19 nov 2013

Especial "O Antigo Exipto"

Como este curso estamos a traballar sobre "O Antigo Exipto" fixemos unha páxina especial sobre como eran os nenos e nenas, a que xogaban, que estudaban, como se alimentaban...
Clica na imaxe para ter máis información

https://sites.google.com/site/proxecto20132014/especial-dereitos-dos-nenos

7 nov 2013

Actividades para celebrar o Día dos Dereitos dos Nen@s

Para poder facer moitas actividades e aprender moitas cousas sobre os "Dereitos dos Nenos e Nenas", na Bibliosoños fixemos unha páxina especial que recolle moita información para poder traballar nas aulas.

Clica na imaxe e entra
https://sites.google.com/site/traballardereitosnenos/home

Na Bibliosoños preparamos este GLOSTER que recolle os recursos que podemos utilizar para traballar estes días previos á Celebración do Día dos Dereitos da Infancia.


20 nov 2012

Actividade na Biblioteca

Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia imos levar a cabo unha actividade relacionada co Proxecto "O MAR".
Neste enlace podemos ver o vídeo que prepararon Vicente e Adrián Míguez (pai e fillo, profesor e exalumno do colexio) sobre os NENOS BOTEIROS en Celeiro.

19 nov 2012

POCOYO E OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS


HOMENAXE A MILIKI

Unicef recuerda la figura "profesional y humana" de 'Miliki'

MADRID, 19 Nov. (EUROPA PRESS) -
   Unicef ha recordado la figura "profesional y humana" de Emilio Aragón, 'Miliki', fallecido este domingo a los 83 años. También ha manifestado su apoyo a la familia del humorista que era, desde el año 2000 embajador de la organización.
   La presidenta de Unicef España, Consuelo Crespo, ha recordado a al fallecido por "su afecto y compromiso con los niños" tanto "dentro como fuera de las pantallas" y ha asegurado que "nunca será olvidado".
   'Miliki' colaboró implicándose en varios programas de Unicef e incluso realizó programas de televisión especiales para promocionarlos, según ha recordado Unicef. La organización le rindió un homenaje el año pasado con motivo del 50 aniversario de la institución. Al acto acudió la mujer del humorista, Rita Álvarez, en representación suya, al estar él impedido por problemas de salud.

16 nov 2012

Fundación Meniños


Fundación Meniños é unha entidade de acción social sen ánimo de lucro especializada no ámbito da infancia e a adolescencia, cun traballo orientado a garantir o dereito a vivir en familia.

21 nov 2011

Para traballar na casa e no cole

Glogster que recolle moitos recursos para traballar os dereitos dos nenos e das nenas. Se queredes velo a tamaño grande, tedes que clicar no cadradiño rosa onde pon Glogster poster yourself e despois en VIEW FULL SIZE.

20 nov 2009

Actividade na Bibliosoños: Celebramos o Día dos Dereitos da Infancia

Día 20 de Novembro, na Bibliosoños os alumn@s de 6º curso explican aos compañeiros do colexio os diferentes Dereitos dos Nenos e Nenas.


18 nov 2009

Na BIBLIOSOÑOS temos uns libros que falan dos dereitos dos nenos e das nenas, están na: estantería F, letra d esq.


16 nov 2009

RECOMENDAMOS ESTE LIBRO!


Nenos sen dereitos NON!

Bruno Muscat, Manu Boisteau
Niñ@s sen dereitos NON! é un material para ensinar aos nenos cales son os seus dereitos máis importantes. Partindo da Convención Internacional dos Dereitos do Neno, explica 10 dos dereitos máis importantes: a ser amado e respectado, á igualdade, á asistencia médica, a ter unha identidade, a ir ao colexio, a ter que comer, a dar a súa opinión, a ser protexido da violencia, a non ser explotado e a soñar, rir e xogar.
Cada dereito está ilustrado cun caso real de incumprimento, o que permite concienciar aos nenos das situacións de vulneración e da necesidade de que o respecto aos dereitos dos menores cúmprase.
Nen@s sen dereitos NON! tamén pretende achegar aos nenos a figura do Defensor do Menor: que fai, como pode axudarlles, como porse en contacto con el e como actuar en caso de emerxencia. Inclúe unha mini-guía de Internet con direccións de interese para nenos e adultos